Necesitamos:
- Cartón de leite enteiro
- Prato ou cunca
- Colorante alimentario: azul, amarelo e vermello
- Xabón líquedo de mans
- Bastóns para os oídos.
Poñemos o leite nun prato ou cunca e vertemos un pouco de cada colorante no centro, de xeito que as cores queden separadas.
Logo mollamos un bastón co xabón e debuxamos sobre o leite.
O leite se convertirá nun mar de cores, que bailarán e construirán formas.
Cando deixen de moverse podemos botar outras pingas de xabón nos bordes e o proceso repetirase.
Podemos probar con leite desnatado e veremos como as formas cambian debido á menor cantidade de graxa. Os xabóns, axudan a que a auga (no noso caso leite) e a graxa se leven mellor. Á graxa non lle gusta a auga, non se disolve nela; pero o xabón consegue coas súas partículas atraer a graxa e que se disolva na auga con facilidade e se desprenda de onde está "agarrada".

Foi unha actividade tan chula que os nen@s de 3 e 4 tamén a quisemos realizar, así que Angelina e Andrea ( 4º ESO) viñeron a nosa clase.
0 comentarios:
Publicar un comentario