martes, 31 de enero de 2017

Menú Febreiro

lunes, 30 de enero de 2017

Día da Paz

Hoxe celebramos o Día da Paz. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, solidariedade, e o respeto ós Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
No colexio Possumus decidimos facer uns globos para que así chegue a tódalas partes do mundo..









 Éste é o resultado final 😊





Coma unha luva

Entregamos aos alumnos unhas mans feitas de goma eva con ósos de macarrón oco. 



Os rapaces tiveron que pasar un fío por cada un dos macarróns e por cada un dos dedos para que ao tirar deles a man se dobre sobre si mesma.





Diverciencias: Semana da Tecnoloxía

Estamos xa na Terceira Semana das Ciencias. Nesta ocasión afondaremos nunha disciplina moi presente na vida cotiá, e que en xeral facilita moitas das tarefas que realizamos a diario: a tecnoloxía.
Pero, que saben os rapaces sobre a tecnoloxía? serán quen de empregar a súa creatividade para crear obras de enxeñaría? Nesta semana coñeceremos o nacemento da tecnoloxía, abordaremos as súa parte positiva cara a evolución do Planeta, pero tamén concienciaremos sobre a contaminación derivada do seu uso. Veremos diferentes medios de transporte, enerxías e como non, as máquinas que cambiaron o mundo! 
O material empregado nas diferentes actividades é de elaboración propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos/as de secundaria os que impartan a maioría das actividades desta semana. Contamos ademais con dous colaboradores alleos ao centro que nos farán ver a realidade dende outra perspectiva.
Para levar a cabo algunha das actividades os alumnos/as desprazaranse ao laboratorio do centro.

viernes, 27 de enero de 2017

Master Chef Italia

Aproveitando que @s alumn@s de 4 anos están facendo un proxecto sobre Venecia (Italia), e xa que a comida típica é a pasta e a pizza; quixemos facer un obradoiro de pizzas🍕🍕, e para iso convidamos ós nosos compañeir@s de infantil.

Foron uns grandes chefs!!!



















Éste foi o resultado final... Deliciosooooooo!!!


 Estaban moi boas,non quedou nada...











A idade das árbores

Practicamente todo o mundo sabe que contando os aneis das árbores podemos ter unha idea máis ou menos fiable da súa idade. Esta disciplina científica coñécese co nome de dendrocronoloxía (literalmente, estudo do tempo das árbores).

A pesar deste nome tan rimbombante, atópase unha ciencia que está baseada nuns principios moi sinxelos: as árbores crecen durante a primavera e verán segundo as condicións climáticas (se son favorables o anel será máis groso e se son desfavorables máis fino). Este crecemento forma uns aneis que seguen un patrón coma se fose un código de barras. Polo que si medimos a anchura dos aneis podemos coñecer ademais da idade da árbore o clima dos anos nos que viviu esa árbore.



Tamén deixarémoslles claro que para non matar a árbore existen outras técnicas menos invasivas que consisten en extraer parte do tronco cun sacabocados no que se poden ver igualmente os aneis. 

Aínda que o precoseo parece sinxelo, se pode coñecer a idade da árbore a través dunha viruta? Non, precísanse alomenos 80 aneis.



Amosámoslles aos alumnos/as os aneis dos tocóns e lles explicaremos todo o que sabemos sobre os aneis, e que cada dous aneis (un claro e outro escuro) forman un ano de vida da árbore. Eles contaron os aneis e dixeron a idade aproximada da árbore. Se o tocón tiña cicatrices, aproveitamos para explicarlle que poden estar causadas por insectos, lume...

lunes, 23 de enero de 2017

Diverciencias: Semana das Ciencias da Terra

Benvidos á Segunda Semana das Ciencias. O protagonista desta semana será o noso Sistema solar e fundamentalmente  o noso planeta Terra: sistemas de datación, rochas e minerais, fósiles, meteoroloxía, océanos, campos magnéticos, topografía, volcáns ...
O material empregado nas diferentes actividades é de elaboración propia (exceptuando a estación meteorolóxica). Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos/as de secundaria os que impartan a maioría das actividades desta semana. 
Para levar a cabo algunha das actividades os alumnos/as desprazaranse ao laboratorio do centro

jueves, 19 de enero de 2017

Entroido 2017

miércoles, 18 de enero de 2017

Tangram

O Tangram é un crebacabezas chino moi antiguo que consta de 7 pezas: 5 triángulos, un cadrado e un romboide. O xogo consiste en usar todas as pezas sen superpoñelas, para construír as figuras.



Pódese empregar a imaxinación para construír figuras, ou ben empregar siluetas xa existentes. En calquera caso, ademais de diversión estimula o razoamento.



lunes, 16 de enero de 2017

A xeometría máis doce

Con esta actividade, os alumnos aprenderán as características dos polígonos e descubrirán as propiedades dos poliedros da forma máis doce e divertida: facendo figuras e corpos xeométricos con escarvadentes e chuches.




Pincha os escarvadentes ás chuches e forma triángulos, cadrados, cubos, ou simplemente deixa voar a túa imaxinación.





Esta actividade ofrece moitas oportunidades de aprender:
- Distinguir entre obxectos bidimensionais e tridimensionais.
- Crear obxectos, como por exemplo casiñas (as casa tamén se forman con xeometría!!).
- Aprender os nomes e características dalgúns polígonos, así como o nome dos seus elementos principais: lado e vértice.
- Coñecer os nomes dalgúns poliedros.








Diverciencias: Semana das matemáticas

Benvidos a nosa Primeira Semana das Ciencias. A temática ao longo da mesma serán as matemáticas en todas as súas vertentes: números, debuxo, arte, papiroflexia, Tangram, Sudokus, reciclaxe, ilusións, multiplicacións ...

Todo o material empregado nas diferentes actividades é de construción propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos de secundaria os que impartan algunhas das actividades aos máis pequenos.





viernes, 13 de enero de 2017

Diverciencias

Algo está pasando no noso centro....


Chegan as DIVERCIENCIAS!!!!

Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos vivirán seis semanas cargadas de actividades emocionantes que non pasarán desapercibidas.
Esta experiencia resultará moi divertida xa que combina a aprendizaxe co xogo. Deste modo, os nenos/as perderán o medo á Ciencia e esqueceranse da idea de números, datos e cifras aburridas. Porque a ciencia tamén é diversión, descubrimento, misterio, experimentación e como non, creación.
Con estas actividades non pretendemos converter ós nosos alumnos/as en científicos/as que traten de dar respostas ás grandes preguntas que todavía están por resolver, ou que descubran vacinas contra enfermidades hoxe por hoxe incurables, pero si, que vexan o mundo dende un punto de vista máis crítico, que aprendan a observar e tamén a participar, que busquen ideas e solucións e sobre todo, que lles permita extraer as súas propias conclusións, estimulando o razoamento lóxico e a súa propia creatividade.

Espertemos a curiosidade pola Ciencia e o Coñecemento!

martes, 10 de enero de 2017

Reciclamos

Á volta das vacacións, os nen@s de 4 anos comezamos co tema do reciclaxe; falamos da importancia deste tema. 
Así aprendimos qué hai diferentes contenedores, as súas cores, o qué se pode reciclar en cada un deles... E para poñelo en práctica aproveitamos os envases das nosas merendas para reciclalos nos contenedores do noso barrio. Aproveitamos e convidamos ós nosos compañeiros de 3 anos a que nos acompañasen.













 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree