viernes, 29 de abril de 2016

Aniversarios Abril

Moitas felicidades ós nosos compañeiros que cumpliron neste mes.



miércoles, 6 de abril de 2016

Fabricamos xoguetes

Na clase, tiñamos uns bonecos estropeados, pero en vez de tiralos ó lixo decidimos convertilos nuns xoguetes novos cun pequeno cambio. Esta é unha forma moi divertida de reciclar e reutilizar. Ímos facer uns paracaídas.

Necesitaremos unhas bolsas de plástico, la e os bonecos.

Primeiro cortamos as asas ás bolsas para que teñan forma de paraugas ó abrirse. Despois cortamos dúas tiras de la para atala ó noso boneco.


Unha vez atado, temos que pegar os extremos da la no interior da bolsa cun pouco de celo.


E listo!!! Ímos facer unha proba. Preparados... a voar!!!



Acabamos de fabricar un xoguete cun boneco roto e con cousas que temos por casa. Non precisamos xoguetes caros para pasar un bo rato. Éste, saíunos de balde!! E como xogamos!!!









viernes, 1 de abril de 2016

Aniversarios Marzo

Moitas felicidades ós nosos compañeiros que cumpliron neste mes.


 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree