viernes, 29 de diciembre de 2017

Aniversarios Decembro

Moitas felicidades ós nosos compañeiros que cumpliron neste mes .🎂

Carlos (3 anos)

Xavier (4 anos)

Zidane (5 anos)

martes, 19 de diciembre de 2017

Visita de Papa Noel

Hoxe pola mañá visitounos Papa Noel... qué sorte tivemos!!!! Cantámoslle a nosa panxoliña "Nadal no Oeste" e encantoulleeee, oxalá o fagamos tan ben no festival de Nadal.
Tamén fixemos a nosa merendola de Nadal, con alimentos típicos desta época... estaba todo moi rico!! Mmmmmmm
Que pasedes un Feliz Nadal!!!  Vémonos á volta!!! Non esquezades que volvemos o 9 de xaneiro, para que os peques podan xogar cos xoguetes dos Reis Magos

Feliz 2018!!!















miércoles, 13 de diciembre de 2017

Decoramos a rúa

Hoxe @s alumn@s de Infantil saímos o barrio de Teis, para participar como outro ano máis, na decoración da rúa organizado pola Zona Teis Centro Comercial Abierto.
Este ano coma requisitos, material reciclado e  de cor vermello.. Asique decicimos facer uns duendes con garrafas de auga..
Se queredes ver a nosa aportación, podedes vela en Sanjurjo Badía o lado do Ferpes (Rotonda)
Además de pasalo moi ben, portámonos de dez!!















domingo, 10 de diciembre de 2017

A China

Na clase de 4 anos damos por finalizado o Proxecto da "China". Foi un proxecto moi bonito no que aprendimos un montón de cousas sobre este país..
Nenos e papás quedaron encantados de tódolo aprendido..
Además dos coñecementos adquiridos, fixemos farolillos chinos, cometas de dragón, recibimos unha clase de kung fu e Taichi, trouxeronnos unha enciclopedia sobre China... e un montón de cousas máis.
Foi xenial!!!! ☺









martes, 5 de diciembre de 2017

Reciclamos papel

Aproveitando que estamos co Proxecto de Centro e no programa de SOGAMA, queremos concienciar o noso alumnado da importancia da reciclaxe , así os alumn@s de 4 anos fixemos no laboratorio un taller de papel reciclado.
Éstes foron os pasos...









lunes, 4 de diciembre de 2017

Cada neno un xoguete

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree