Os alumn@s de 4 anos damos por rematado o proxecto deste trimestre: ⻨ A China ⻨
Con él aprendemos moitísimas cousas: o nome da súa capital, en qué continente se atopa, a qué se dedican, como son os seus rasgos, as súas festas, as construccións típicas, o seu calendario, os animais e plantas máis típicas dese país, a súa música, os seus descubrimentos....
Aproveitando que o avó dun dos nosos nenos é profesor de Tai chi e kung fu no ximanasio "Penta Deporte y Salud" invitámolo a nosa clase para coñecer máis sobre esta cultura; tróuxonos espadas, sables, o traxe típico..e deunos unha clase de tai chi, foi superdivertida e pasámolo superben. Moitisimas gracias 😊
Tamén escoitamos a música típica deste país, música Zen, e aproveitamos para facer sesións de relaxación...o rematar... que tranquilidade 😇
Fixemos o gorro típico e aprendemos o saúdo, tamén fixemos a cometa do dragón, tan simbólico de China; e un montón de cousas máis.
E para rematar unha exposición os papás e mamás, avós... Esperamos que vós haxa gustado..
Ata a próxima!!! Qué proxecto nos deparará o seguinte trismestre... qué intriga... 😀