A pesar deste nome tan rimbombante, atópase unha ciencia que está baseada nuns principios moi sinxelos: as árbores crecen durante a primavera e verán segundo as condicións climáticas (se son favorables o anel será máis groso e se son desfavorables máis fino). Este crecemento forma uns aneis que seguen un patrón coma se fose un código de barras. Polo que si medimos a anchura dos aneis podemos coñecer ademais da idade da árbore o clima dos anos nos que viviu esa árbore.

Tamén deixarémoslles claro que para non matar a árbore existen outras técnicas menos invasivas que consisten en extraer parte do tronco cun sacabocados no que se poden ver igualmente os aneis.
Aínda que o precoseo parece sinxelo, se pode coñecer a idade da árbore a través dunha viruta? Non, precísanse alomenos 80 aneis.

Amosámoslles aos alumnos/as os aneis dos tocóns e lles explicaremos todo o que sabemos sobre os aneis, e que cada dous aneis (un claro e outro escuro) forman un ano de vida da árbore. Eles contaron os aneis e dixeron a idade aproximada da árbore. Se o tocón tiña cicatrices, aproveitamos para explicarlle que poden estar causadas por insectos, lume...
0 comentarios:
Publicar un comentario