martes, 14 de febrero de 2017

Seguimos cazando

Ola :
Son Diego de 6º E.I.
Esta fin de semana fun cos meus pais e meu irmán á caza das estatuas de Vigo. Atopámolas todas! ;-)
Claro que algunhas xa as coñecía:
- O verán pasado fomos visitar a Xulio Verne e fixemos fotos co pulpo, como nos chamamos "Phulpin"!
- O Traballador está no camiño á piscina e pasamos cabo dela todos os luns.
- O Nadador é un súper tobogán, unha obra interactiva, Arte na Rúa!!
- Os Cabalos é unha das miñas favoritas, sobre todo cando bota moita auga.
- Os Mariñeiros son moi fortes e grandes.
- O Sereo é esa estatua que está ao lado do tiovivo e que lle gusta tanto a mamá.

Aquí vos envío unhas fotos da "Caza das estatuas".

Saudiños,
Diego Phulpin Arrizado

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree