jueves, 23 de febrero de 2017

Festa de Entroido

Mañá venres, celebraremos o Entroido por todo o alto.

Temos que estar no cole ás 9:45, co chándal posto para disfrazarnos. Os alumnos de 3 anos e de 4 anos vestiranse na aula de 3 anos, e os alumnos de 5 anos vestiranse na aula de 4 anos, para axudarnos uns ós outros.

Coma todos os anos temos que traer alimentos típicos de entroido para merendar (ourellas, filloas...), pouca cousa que é para compartir. Despois de deixar ós nenos na clase respectiva os pais sodes os encargados de levar a comida á aula externa, onde estará unha profe para recibiros.

Unha vez disfrazados realizaremos un pasarrúas sobre as 10:20. Sairemos do cole dirección ó mercado, pasaremos por Sanjurjo Badía e baixaremos por Enrique Lorenzo de volta ó cole.

Despois da andaina merendaremos na aula externa onde facemos sempre a festa e pasarémolo en grande. A festa remata ás 13:00, estaremos nesa aula ata que veñades a buscar ós nenos. Os alumnos que están anotados a comedor quedarán coas profes ata que comece o servizo.

O servizo de comedor rematará ás 16:00 h. Confirmar en secretaría os alumnos que utilizarán dito servizo. Non haberá clase extraescolar de baile moderno por celebración da festa do entroido da ANPA.

Con motivo das festas do Entroido comunicámosvos que os vindeiros días luns 27, martes 28 de febreiro e mércores 1 de marzo non haberá clase e reanudaranse o vindeiro xoves día 2 de marzo en horario normal.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree