lunes, 6 de febrero de 2017

Diverciencias: Semana da Bioloxía

Benvidos á Semana da Bioloxía. Ao longo da mesma os alumnos de infantil e primaria achegaránse aos sentidos, as funcións vitais e á percepción humana, descubrirán os procesos relacionados coa nutrición e a respiración das plantas e coñecerán a eses pequenos animaliños que son os insectos. Aprenderán que a dentición dos animais está directamente relacionada coa súa alimentación, e serán detectives na procura de pegadas dactilares... 
Todo o material empregado nas diferentes actividades é de construción propia. Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos de secundaria os que impartan a maioría das actividades aos máis pequenos.




0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree