lunes, 23 de enero de 2017

Diverciencias: Semana das Ciencias da Terra

Benvidos á Segunda Semana das Ciencias. O protagonista desta semana será o noso Sistema solar e fundamentalmente  o noso planeta Terra: sistemas de datación, rochas e minerais, fósiles, meteoroloxía, océanos, campos magnéticos, topografía, volcáns ...
O material empregado nas diferentes actividades é de elaboración propia (exceptuando a estación meteorolóxica). Os alumnos/as de secundaria participaron na elaboración do mesmo, e serán tamén alumnos/as de secundaria os que impartan a maioría das actividades desta semana. 
Para levar a cabo algunha das actividades os alumnos/as desprazaranse ao laboratorio do centro

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree