lunes, 16 de enero de 2017

A xeometría máis doce

Con esta actividade, os alumnos aprenderán as características dos polígonos e descubrirán as propiedades dos poliedros da forma máis doce e divertida: facendo figuras e corpos xeométricos con escarvadentes e chuches.




Pincha os escarvadentes ás chuches e forma triángulos, cadrados, cubos, ou simplemente deixa voar a túa imaxinación.





Esta actividade ofrece moitas oportunidades de aprender:
- Distinguir entre obxectos bidimensionais e tridimensionais.
- Crear obxectos, como por exemplo casiñas (as casa tamén se forman con xeometría!!).
- Aprender os nomes e características dalgúns polígonos, así como o nome dos seus elementos principais: lado e vértice.
- Coñecer os nomes dalgúns poliedros.








0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree