viernes, 27 de enero de 2017

A idade das árbores

Practicamente todo o mundo sabe que contando os aneis das árbores podemos ter unha idea máis ou menos fiable da súa idade. Esta disciplina científica coñécese co nome de dendrocronoloxía (literalmente, estudo do tempo das árbores).

A pesar deste nome tan rimbombante, atópase unha ciencia que está baseada nuns principios moi sinxelos: as árbores crecen durante a primavera e verán segundo as condicións climáticas (se son favorables o anel será máis groso e se son desfavorables máis fino). Este crecemento forma uns aneis que seguen un patrón coma se fose un código de barras. Polo que si medimos a anchura dos aneis podemos coñecer ademais da idade da árbore o clima dos anos nos que viviu esa árbore.



Tamén deixarémoslles claro que para non matar a árbore existen outras técnicas menos invasivas que consisten en extraer parte do tronco cun sacabocados no que se poden ver igualmente os aneis. 

Aínda que o precoseo parece sinxelo, se pode coñecer a idade da árbore a través dunha viruta? Non, precísanse alomenos 80 aneis.



Amosámoslles aos alumnos/as os aneis dos tocóns e lles explicaremos todo o que sabemos sobre os aneis, e que cada dous aneis (un claro e outro escuro) forman un ano de vida da árbore. Eles contaron os aneis e dixeron a idade aproximada da árbore. Se o tocón tiña cicatrices, aproveitamos para explicarlle que poden estar causadas por insectos, lume...

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree