miércoles, 21 de febrero de 2018

Flotabilidade dos corpos

Algúns corpos flotan na auga e outros afúndense, pero cando flotan ou cando se afunden? Miguel, Nayra e Xiana tráennos un novo experimento!



Collemos unha laranxa e a introducimos nun bol con auga. A laranxa flota.



 Pero se facemos o mesmo coa laranxa pelada...



... entón afunde. O aire que está nos buracos da pel da laranxa fai que flote. Fai como un flotador. Facemos bolas con plastilina, e veremos que afunden... pero se facemos un barco de plastilina, que pasa? Veremos que flota, porque a forma tamén determina que os corpos floten ou non.

Queredes probar? Imos aló.








0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree