lunes, 26 de febrero de 2018

Cadros con leite

Hoxe, Irea, Aldara e Paula preparáronnos unha nova actividade estupenda!

Necesitamos:

  • Cartón de leite enteiro
  • Prato ou cunca
  • Colorante alimentario: azul, amarelo e vermello
  • Xabón líquedo de mans
  • Bastóns para os oídos.
Poñemos o leite nun prato ou cunca e vertemos un pouco de cada colorante no centro, de xeito que as cores queden separadas.


Logo mollamos un bastón co xabón e debuxamos sobre o leite.


O leite se convertirá nun mar de cores, que bailarán e construirán formas.


Cando deixen de moverse podemos botar outras pingas de xabón nos bordes e o proceso repetirase.


Podemos probar con leite desnatado e veremos como as formas cambian debido á menor cantidade de graxa. Os xabóns, axudan a que a auga (no noso caso leite) e a graxa se leven mellor. Á graxa non lle gusta a auga, non se disolve nela; pero o xabón consegue coas súas partículas atraer a graxa e que se disolva na auga con facilidade e se desprenda de onde está "agarrada". 



Foi unha actividade tan chula que os nen@s de 3 e 4 tamén a quisemos realizar, así que Angelina e Andrea ( 4º ESO) viñeron a nosa clase.










0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree