miércoles, 4 de octubre de 2017

Día Mundial dos animais



Hoxe, 4 de outubro, é o día mundial dos animais. Neste día queremos lembrar a importancia de todos os animais que viven no planeta. Falamos das nosas mascotas, da compañía que nos fan e do agarimo que nos dan. Tamén da responsabilidade que temos de coidalos, darlles de comer e limpialos. Sobre todo queremos reforzar o respeto e a sensibilidade cara estes amigos animais. Todos estamos en contra do maltrato animal e o abandono. 

Coñecimos o caso de Thor, un cadeliño dun mes que apareceu nun contenedor de lixo metido nunha caixa. 



Afortunadamente, a persoa que o atopou, buscoulle un fogar e agora ten 5 anos e é moi feliz.



Bravo por todos aqueles que coidan e queren ás súas mascotas e sobre todo por aqueles que deciden adoptar a algún animal que precisa dun fogar.

Para conmemorar este día ós alumnos de 3 anos démoslles unha pequeniña mascota, un cadeliño de peluche, para que comecen a querela e coidala coma se fose de verdade e espertar ese sentimento que tanto estimamos.


 

Os alumnos de 4 e de 5 anos fixemos uns marcapáxinas de animais para empregar nos nosos contos



















0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree