viernes, 29 de septiembre de 2017

Día da froita

Unha das finalidades que temos no Colexio Possumus é a de fomentar no alumnado hábitos de vida e consumo saudables. 
Sobre todo na etapa de educación infantil, faise necesaria a adopción de correctos hábitos que serán os que permitirán ó nen@ o desenvolvemento dunha vida sana e plena.

Por isto, este ano, como novidade, incorporamos á nosa rutina o "Día da froita", serán tódolos venres (só poderán traer froita) o cal nos dará pé para traballar a importancia dos alimentos naturais, dentro dunha dieta sana, variada e equilibrada.

A participacón das familias é fundamental, xa que son os adultos os que fan a compra e os que poden facer que ese día leven a súa froita, que deberá ser variada e da maneira máis atractiva posible.
Familia e colexio, traballando xuntos faremos que a nutrición sexa algo divertido á vez que aproveitamos hábitos de vida saudables.




                           
                     Alumnos de 4 anos no primeiro día do "Día da froita"


3 comentarios:

Unknown dijo...

Mmmm que rica esa frutaaa!!!
Me parece genial que halla un dia de fruta👏👏👏👏

Unknown dijo...

Me encanta una merienda saludable y rica...
Ellos hermosos 😍😍😍

Unknown dijo...

Me encanta una merienda saludable y rica...
Ellos hermosos 😍😍😍

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree