domingo, 19 de marzo de 2017

CONCERTO PARA AS FAMILIAS: PACO NOGUEIRAS



O músico compostelán PACO NOGUEIRAS actuará o vindeiro venres 24 de marzo no colexio POSSUMUS ás 17 horas co seu espectáculo BRINCA VAI!. Trátase dun concerto aberto a todas as familias, e dirixido de xeito especial aos pais e nais que queiran acudir a disfrutar cos seus fillos das cancións e da música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!.
O concerto, promovido polo colexio en colaboración coa ANPA, enmárcase dentro do proxecto de centro DAR VIDA, e servirá tamén para presentar a canción que dará pe á grabación dun video clip moi especial.
Prégase aos interesados en asistir contacten co centro chamando en horario de mañán ao teléfono 986 371 330 ata o xoves 23, a fin de confirmar asistencia para non rebasar aforo.

NOTA: En caso de choiva aprazaríase, polo cal pregámoslles permañezan atentos á web do centro onde se comunicará calquera novidade a este respecto.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree