lunes, 26 de septiembre de 2016

Semana do corazón

Coma este xoves celébrase o día do corazón e aproveitando que estamos a ver o corpo humano, fixemos incapé neste músculo tan importante.

Hoxe viñeron os alumnos de 4 e 3 anos á clase de 5 para contarlle o que aprendimos ata o momento. Dixémoslles onde se atopaba, que ten o tamaño do noso puño, que traballa ata cando durmimos, escoitamos que ruído fai... Coma algúns non o notabamos fixemos un pouco de exercicio no patio grande para poder sentilo completamente.




Á volta na aula, falamos de cal é o traballo do corazón e falamos do sangue e por onde se move dentro do corpo. Buscamos as nosas veas.


Tamén, lembrando un anaco do vídeo que vimos do corazón, falamos dos glóbulos vermellos, dos glóbulos brancos e das plaquetas. Intentamos explicar con pezas como traballan éstas últimas para pechar as feridas que nos facemos tan amiúdo.



0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Copyright 2009 Os galopíns. Powered by Blogger
Blogger Templates created by Deluxe Templates
Wordpress by Wpthemesfree