Necesitaremos unhas bolsas de plástico, la e os bonecos.
Primeiro cortamos as asas ás bolsas para que teñan forma de paraugas ó abrirse. Despois cortamos dúas tiras de la para atala ó noso boneco.
Unha vez atado, temos que pegar os extremos da la no interior da bolsa cun pouco de celo.
E listo!!! Ímos facer unha proba. Preparados... a voar!!!
Acabamos de fabricar un xoguete cun boneco roto e con cousas que temos por casa. Non precisamos xoguetes caros para pasar un bo rato. Éste, saíunos de balde!! E como xogamos!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario